Combarro abre este xoves a súa Festa do Mar con degustacións e exposicións vinculadas á tradición mariñeira

Os presentes poderán saborear os aperitivos elaborados con produtos certificados do mar e outros da terra, con denominación de orixe, que se elaboran nunha das 'foodtrucks' da campaña 'Galicia sabe amar'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2023 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

A XII edición da Festa do Mar de Combarro, en Poio, arrincou este xoves e pecharase o domingo, un evento que incluirá un encontro de embarcacións tradicionais, entre outras atraccións.

Entre as varias exposicións, haberá mostras sobre a pesca e embarcacións tradicionais, co apoio do Museo do Mar de Galicia; de maquetas de barcos, ademais do labor das mulleres bateeiras, esta última coa colaboración da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega) e da Asociación de Mexilloeiros de Combarro e Raxó (Ameconra).

Así mesmo, os presentes poderán saborear os aperitivos elaborados con produtos certificados do mar e outros da terra, con denominación de orixe, que se elaboran nunha das 'foodtrucks' da campaña 'Galicia sabe amar', situados na praza da Chousa.

Segundo comunicou a Xunta, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na inauguración. Villares resaltou o papel deste evento na difusión e posta en valor da gastronomía e o patrimonio vinculados ao ámbito marítimo-pesqueiro.

Villares tamén destacou a implicación e colaboración de distintos colectivos sociais, culturais e deportivos, así como da hostalaría local e da comunidade, o que converte a esta edición en "a máis participativa" que se lembra.

Combarro
Combarro | Fonte: Juantiagues en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta