A ex presidenta da Deputación de Pontevedra afea ao PP usar o Castelo de Soutomaior: "É caciquismo; non é o seu patrimonio"

A socialista afirma que dar esa utilización ao lugar "vai contra a ordenanza" e remarca que non é "propiedade" dos populares.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/08/2023 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

A socialista Carmela Silva, expresidenta da Deputación de Pontevedra, afeou ao PP que vaia a utilizar o Castelo de Soutomaior para o seu acto de arranque do curso político o vindeiro domingo 27 de agosto.

Os populares retomaron esta localización, que se consolidou como unha tradición para o partido cando o pontevedrés Mariano Rajoy era o seu presidente, sete anos despois e tras recuperar, por mor das eleccións do pasado 28 de maio, a institución provincial que ata hai uns meses dirixía a socialista.

Tras confirmarse que o agora líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá ao castelo para arrincar un curso atípico e co seu debate de investidura no foco político, Silva criticou a decisión dos populares e advertiu que "usalo así vai contra a ordenanza".

"CACIQUISMO"

"Cando dirixes unha administración xestionas o patrimonio da cidadanía. Non o teu patrimonio. Usar ese patrimonio como propio é caciquismo. É sentirte propietario do que pertence aos veciños", aseverou Silva. "O Castelo de Soutomaior non é propiedade do PP. Usalo así vai contra a ordenanza", resolveu.

A ex presidenta da Deputación en Pontevedra, Carmela Silva
A ex presidenta da Deputación en Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Gustavo de la Paz

"COMA SE FOSE O SEU CHIRINGUITO"

Horas máis tarde do seu primeiro tuit, Silva reafirmouse nas súas críticas aos populares: "Que lle parecería ao PP que o goberno de Vigo fixese un acto do PSdeG no Pazo de Castrelos? Ou o PSOE no Museo do Prado? Que estarían a dicir os medios de comunicación da dereita? Pois é o que fan no Castelo de Soutomaior, que non é do PP. É da cidadanía. Non é seu. É de todos/as".

"O PP usa o Castelo de Soutomaior coma se fose o seu chiringuito. Nós dedicabámolo á promoción da cultura, a reivindicar a súa historia, a promover a igualdade creando a escola María Vinyals, a promover o turismo histórico, natural e científico, a aumentar o número de visitas", agregou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cicais era máis "democrático" empregar o Castelo de Soutomaior para montar akelarres pseudofeministas con invitación previa vía e-mail (que sempre tiñan tódalas prazas cubertas, casualmente). Pero máis alá da evidencia, a Marquesa de Toralla debera tomar nota de que efectivamente o noso Patrimonio non é para que o xestione ela cambiando o que ía ser Museo da Fotografia en Vigo por un Sarao Permanente que seguirá usurpando como Tenente Alcalde de Cultura (mentras cobra dúas veces, unha como concelleira e outra como Senadora). Sen dúbida á Marquesa a inflación nin lle roza a epidermis tan fina que ten critando que o PP utilice UN DÍA o Castelo, mentras ela o fixo o seu lugar de lecer ao longo de 8 anos de Presidir a Deputación. Mellor estaría calada se houbese medios de información con memoria suficiente para contextualizar o Relato Democrática da Marquesa. https://flic.kr/p/pajsAM