Galicia volve vivir unha noite tórrida con máis de 25 graos de madrugada na Mariña lucense e Ortigueira

A estación de Vilamartín de Valdeorras marcaba 28,8 graos ás 2.10 horas deste xoves, mentres que na costa de Lugo, Burela e Viveiro chegaron aos 27,1 e 27 graos ás 2.20 e ás 2.30 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2023 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

Galicia volveu a vivir unha noite tórrida con temperaturas de case 30 graos en puntos de Lugo e Ourense, aínda que este xoves a previsión apunta a un descenso das máximas, segundo a información de Meteogalicia.

De acordo cos seus rexistros, a estación de Vilamartín de Valdeorras, en Ourense, marcaba 28,8 graos ás 2.10 horas deste xoves, mentres que ao norte da comunidade, na costa de Lugo, Burela e Viveiro (A Mariña) chegaron aos 27,1 e 27 graos ás 2.20 e ás 2.30 horas.

Ata 26.8 graos subiu o mercurio en Ourense, en Vilardevós ás 2.10 horas e na serra da Faladoira, en Ortigueira, o máximo situouse en 26,8 graos ás 2.30 horas.

Termómetro con altas temperaturas
Termómetro con altas temperaturas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta