Formoso reivindica o potencial turístico do Concello de Boiro e do veleiro Tokio II

O Tokio II é un veleiro de categoría ocean race, cun calado de máis de catro metros, unha eslora de case 19 metros, unha manga de algo máis de 5 metros e 24 metros de altura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2023 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta tarde o Concello de Boiro para facer un percorrido pola ría de Arousa a bordo do veleiro Tokio II xunto ao alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o presidente do Club Náutico de Boiro, Manuel Fajardo, e representantes de distintas agrupacións do deporte local.

Formoso quixo destacar "o gran potencial turístico, deportivo e cultural que achega o veleiro Tokio II, grazas ao cal podemos coñecer a riqueza paisaxística, deportiva e cultural que atesoura tanto o Concello de Boiro como a súa contorna".

O Tokio II é un veleiro de categoría ocean race, cun calado de máis de catro metros, unha eslora de case 19 metros, unha manga de algo máis de 5 metros e 24 metros de altura.

Desde este ano ofrécense experiencias de vela de alto nivel desde Cabo de Cruz ao longo de toda a ría, onde os participantes poidan familiarizarse coa navegación nun barco deseñado para a alta competición, adquirindo coñecementos, prácticos e teóricos.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso | Fonte: PSdeG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta