O PP santiagués pide pantallas xigantes para ver a final do Mundial de Fútbol Feminino

O PP local pon o foco en que a galega Teresa Abelleira ten "un papel destacado e protagonista" no conxunto español. A isto suma que o deporte feminino precisa nestes momentos "a atención e o recoñecemento que merece".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2023 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

O PP de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín (BNG), a instalación de pantallas xigantes en lugares públicos este domingo para que os veciños poidan ver a final do Mundial de Fútbol Feminino, na que xogará España contra Inglaterra.

A través dun comunicado, o concelleiro popular José Ramón de la Fuente sinala o "auténtico fito" conseguido pola Selección Feminina neste deporte, xa que é a primeira vez que xogará polo ouro nesta competición.

Ademais, o PP local pon o foco en que a galega Teresa Abelleira ten "un papel destacado e protagonista" no conxunto español. A isto suma que o deporte feminino precisa nestes momentos "a atención e o recoñecemento que merece".

Por todo iso, os populares solicitan a Sanmartín que instale pantallas xigantes para seguir o partido, tal e como si farán concellos como A Coruña, Pontevedra e Vigo, entre outros.

O candidato do PPdeG para a alcaldía de Santiago, Borja Verea
O candidato do PPdeG para a alcaldía de Santiago, Borja Verea | Fonte: MM-Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Sentidiño

Lores xa o anunciou este mércores: pantallón na praza da Peregrina. Espero que Goretti sexa máis coherente...

1 Tardo

Pois non sei porqué hai que colocar esas pantallas. Ou si. Porque como é España e todo iso do "a por ellos", hai quen cede, como o camaleón do Lores. O futbol feminino non o mira mais que unha minoría. Pero claro, si é Españiña...