Chamamento aos grupos sanguíneos A+ e 0- por contar con reservas baixas

O SERGAS recorda que precisan facer préto de 500 doazóns de sangue cada día.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/08/2023 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento a toda a cidadanía para que doe sangue nas próximas xornadas, especialmente dos grupos A positivo e 0 negativo, xa que contan con reservas baixas. En canto ao resto de categorías, están en niveis normais A negativo, 0 positivo e B positivo, mentres que contan con boas reservas os grupos B negativo, AB positivo e AB negativo.

ADOS advirte que hai moitas persoas nos hospitais que precisan recibir unha transfusión dalgún compoñente de sangue por múltiples razóns e que, para atendelas, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) precisa case 500 doazóns de sangue cada día.

Por iso, fai un chamamento a acudir a calquera das unidades móbiles que percorrerán a próxima semana o catro provincias galegas, a excepción do martes 15, que é festivo. Así, pode coñecerse o seu destino en ados.sergas.gal.

Unidade de doazón de ADOS en Galicia
Unidade de doazón de ADOS en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta