Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/08/2023 | Actualizada ás 19:28
O Carballiño prepárase para bater unha nova marca ao preparar a tapa de polbo máis grande do mundo, con 580 quilos, 65 máis que na pasada edición. Segundo informou o Concello, os 'pulpeiros' e 'pulpeiras' aspiran a volver facer " historia" este martes, 8 de agosto, a partir das 19,30 horas.
Para a elaboración destes 580 quilos de polbo en formato de tapa xigante serán necesarios 45 litros de aceite, 5 quilos de sal e 2 de pemento.
Como cada ano, prevese que sexan centenares os veciños e visitantes que acompañen aos 'pulpeiros' na súa misión. A tapa, cun prato de 5,37 metros de diámetro, poderá degustarse ao finalizar a preparación.
O Carballiño leva xa máis dunha semana celebrando a Festa do Polbo cunha programación que se estenderá ata o domingo, 13 de agosto, cando está prevista a gran romaría no Parque Municipal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.