Dúas persoas trasladadas, entre elas un menor, tras unha colisión en Noia

Houbo que mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2023 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas, entre elas un menor de idade, tras unha colisión ocurrrida na saída dunha autovía no termo municipal de Noia. Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, ocorreu sobre as 13.00 horas no punto quilométrico 27 da CG-1.5, que conecta o concello de Brión co de Noia.

Foi un particular quen chamou ao 112 para alertar deste sinistro, aínda que indicaba que as persoas ocupantes dos coches estaban liberadas e accesibles. Seguidamente, o 061-Urxencias Sanitarias avisaba de que o helicóptero medicalizado con base en Santiago estaba de camiño.

Como consecuencia desta colisión, polo menos dúas persoas tiveron que ser trasladadas: un menor evacuado na aeronave sanitaria e unha muller nunha ambulancia. O 112 tamén pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Noia e ao servizo de mantemento da estrada.

Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente
Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta