Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/08/2023 | Actualizada ás 09:54
Un motorista tivo que ser trasladado en helicóptero ao hospital despois de saírse da vía e chocar contra un muro no municipio ourensán de Trasmirás. Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ás 20.30 horas á altura do número 105 da rúa Emilia Pardo Bazán, na parroquia de Escornabois.
Foron os profesionais sanitarios os que se puxeron en contacto co 112 para comunicar a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender ao motorista, que resultou ferido de consideración e tivo que ser trasladado ao complexo hospitalario da capital provincial. Para prestar apoio ao equipo sanitario, a central de emerxencias tamén pasou o aviso aos bombeiros de Xinzo e á Garda Civil de Tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.