Onde practicar nudismo en Galicia?

Galicia conta cunha ampla variedade de arenais cunha consolidada tradición nudista.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/08/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Segundo a Asociación Desnudos por la Natureza, o nudismo está presente, canto menos, dende o Antigo Exipto, concretamente, descubrironse unhas tablillas de arxila cocida que tras traducilas algúns expertos afirmaron que o faraón Akhen-Aton e a raíña Nefertiti, consideraban que o sol, Aton, era a verdadeira fonte de vida, o que xustificaba a práctica do nudismo para o desenvolvemento físico e espiritual.

Praia de Area Maior
Praia de Area Maior | Fonte: Águeda Cernadas

Hoxe en día o nudismo segue sendo unha ideoloxía que moitas persoas deciden seguir e que consite en practicar a desnudez en todo tipo de actividades diarias sen ter un carácter de provocación sexual. Pese a isto son moitas as persoas que non aceptan esta forma de vida e chegan mesmo a non respetala. 

Aínda así, Galicia conta cunha gran cantidade de praias nudistas onde ir completamente nú é o normal. Aquí deixamos unha lista (segundo a Federación Española de Naturismo) delas para que, se che apetece, podas probar esta práctica que segundo os propios nudistas, ten moitos beneficios tanto físicos como mentais.

PROVINCIA DE LUGO

O norte da comunidade será o inicio desta viaxe por Galicia. Lugo, conta só con tres praias con esta característica de ser apta para o nudismo. Comezando por Foz, poderás descubrir a praia de Area Brava que consiste en pequenas calas separadas por rocas. Máis adiante, en Viveiro, está a praia de Portonovo que só conta con area se a marea está baixa. Finalmente, no Vicedo, está a praia de Caolín famosa polo seu aspecto paradisíaco. 

PROVINCIA DA CORUÑA

Comezando pola parte máis norte da provincia, en Valdoviño está a praia Baleo e a de Porto Carrizo. A primeira conta con servizo de duchas e de socorrista a o contrario que a segunda. Máis abaixo, en Narón pódese acudir á praia de Lopesa, unha cala de 20 metros que cando a marea está alta desaparece. 

En Ferrol está a praia de Ponzos e a de Lumebo, a primeira conta con moito oleaxe polo que é común que tamén acudan surfistas. Ademais, está a praia de Cirro que se atopa partida a metade por unhas rocas, a parte nudista atópase pasando estas rocas. Se nos desprazamos ata Oleiros, hai unha serie de praias aptas para esta práctica. Estas son, Canabal, Bastiagueiriño e Atalaia, está última foi a primeira en que se autorizou en Galicia para o nudismo. Xa en Arteixo, podes disfrutar das praias de Salsa e de Combouzas.

Carballo conta tamén con unha praia deste tipo chamada Praia de Baldaio e en Malpica de Bergantiños a de San Miro. Continuando a viaxe cara o sur da provincia, en Ponteceso existen dous areais nos que poder ir sen roupa, a praia de Niñóns e a do Morro que cando a marea baixa convértense nun único areal.

Despois destas, hai que viaxar un pouco máis lonxe, ata Camariñas para visitar a praia de Area Blanca, un lugar tranquilo con pouco vento. Máis abaixo en Carnota hai unha zona na parte sur da praia de Lariño que é apta para nudistas. Máis abaixo, xa en Muros, as praias do Ancoradoiro e de Area Maior teñen partes habilitades para esta práctica.

Se miramos para o fronte está Porto do Son que conta cunha ampla variedade destas praias, como por exemplo a de Aguieira, a de Area Longa, a de Queiruga ou a da Recaveira. En dirección sur chegamos a Ribeira e alí se encontra a praia do Vilar. Finalmente, na proba do Caramiñal está a última praia nudista da provincia da Coruña que é a de Niñeiriños.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Na provincia de Pontevedra, tamén hai variedade de praias que se poden visitar sen necesidade de poñerse un bañador. De norte a sur, comezando pola Illa de Arousa están as calas Loutreira, As Margaritas, as de Carreiron e as praias de Lombreiras e a de Arnelas.

Se queres algo máis ao sur, o Grove tamén conta cunha serie de catro praias para practicar o nudismo, a praia de Castiñeira, a de Aguieira, a praia de Con do Corvo e a de Canelas. E xa en Sanxenxo, lugar moi turistico desta provincia, está a praia de Bascuas, unha das praias con máis tradición nudista de Galicia á vez que a cala dos Namorados, que tamén ten unha ampla tradición consolidada e que se atopa en Marín.

Máis ao sur, en Bueu, existen tres praias protexidas aptas para nudistas, a de Sartaxens e a de Tulla, esta última permite cans controlados e conta cun parking cun prezo de 2,50€. Finalmente, tamén a praia de Pedrón que é de dificil acceso. Máis abaixo, en Cangas do Morrazo está a praia nudista de Barra, considerada por algúns a mellor praia naturista de Galicia. Xa en Vigo, está a praia da Fontaíña que conta cunha parte reservada para este colectivo e a praia dos muíños, onde conviven nudistas e xente con bañador.

Finalmente nas Illas Ons está a praia de Melide, cunha consolidada tradición nudista e no caso das Illas Cíes, pódese levar a cabo esta práctica en dous areais, no de Figueiras e no de San Martiño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta