O presidente da Xunta enxalza o papel dos empresarios para a atracción de investimentos a Galicia

Pide ao Goberno central que desbloquee os 30 millóns de euros dos fondos europeos para a industria.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 02/08/2023 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou o papel dos empresarios galegos para a atracción de investimentos a Galicia, á vez que lles trasladou a colaboración do Goberno galego para facilitar e desenvolver proxectos.

Así o apuntou nun xantar organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en Baiona, onde defendeu que as administracións deben ter a responsabilidade de crear un marco legal e normativo que harmonice os intereses empresariais cos dos traballadores e coa protección dos recursos públicos. Considera que se debe promover a estabilidade e seguridade xurídica para que non se obstaculice nin desincentive a acción empresarial.

Precisamente, denuncia a parálise por parte do Goberno central de proxectos transcendentais para o futuro de Galicia, referíndose en concreto ao "bloqueo" de 30.000 millóns de euros dos fondos europeos para a industria. Ante esta situación, insiste na urxencia de que estas partidas se volvan a activar canto antes e advirte de incertezas e inseguridades que esta paralización xera.

Paralelamente, Rueda apunta que a comunidade galega recuperou o PIB prepandemia máis rápido que a media de España e, neste primeiro trimestre, conseguiu o maior crecemento do último lustro, cunha subida do 2,8 % interanual. Ademais, destacou que as exportacións galegas no que vai de ano superaron os 12.300 millóns de euros, o que supón un 6 % máis que 2022, que xa rexistrara cifras marca.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da CEG, Juan Vieites
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da CEG, Juan Vieites | Fonte: DAVID CABEZON

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta