As aseguradoras dos procesados de Angrois enfrontadas pola cuestión das indemnizacións

A aseguradora de Adif atribúe "a persecución" contra o director de seguridade procesado ao seguro de Renfe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2023 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

O representante de Allianz Global, a aseguradora da empresa pública Adif, atribúe ao seguro de Renfe (QBE) a "persecución" contra o ex director de seguridade Andrés Cortabitarte, procesado no xuízo polo accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) hai 10 anos.

"Quen se beneficia da persecución que se está facendo ao señor Cortabitarte. Creo que é unha pregunta que nos formulamos todos. Quen se beneficia é QBE, o seguro de renfe. Se houbese dous condenados, un empregado de Renfe (polo maquinista) e un empregado de Adif, iso significaría que se activa a póliza de Allianz Global. Os dous seguros terían que facer fronte de acordo co grao de responsabilidade que determine a súa señoría", sinalou este avogado.

O letrado de Allianz Global expón o seu informe final na penúltima sesión da vista oral. Tras el, tocaralle a quenda, precisamente, ao representante da aseguradora de Renfe.

O ex director de seguridade de Adif Andrés Cortabitarte (e)  á súa chegada a unha nova sesión do xuízo do Alvia
O ex director de seguridade de Adif Andrés Cortabitarte (e) á súa chegada a unha nova sesión do xuízo do Alvia | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta