Menos do 15% dos concellos din ter plans para evitar a fraude dos fondos Next Generation

Contas detecta "puntos débiles" para que as entidades locais eviten a fraude.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2023 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O Consello de Contas sinala "puntos débiles" nas entidades locais galegas coa vista posta na prevención da fraude durante a implementación de fondos europeos 'Next Generation', nun informe que publica e remitiu este venres ao Parlamento de Galicia. Trátase dun informe relativo á preparación --sistemas e procedementos-- das entidades locais da comunidade para a xestión dos fondos da iniciativa 'Next Generation' da Unión Europea.

Entre eses "puntos débiles", referidos a entidades que aprobaron plans de medidas antifraude, Contas destaca a avaliación de riscos, a formación do persoal e cargos públicos na materia, as canles de denuncias e os procedementos para analizar as que se reciban.

Así as cousas, considera que a situación "global" das entidades analizadas unha vez aprobados os seus plans de medidas antifraude é "de risco medio". As entidades locais que participen na execución do plan de recuperación, transformación e resiliencia deben garantir que, no seu ámbito, se dispoña dun plan de medidas antifraude, que leve a cabo unha avaliación do risco da fraude, que se cumprimente a declaración de ausencia de conflito de interese e que se estableza un procedemento para abordar conflitos de interese, segundo lembra o Consello neste traballo.

Neste sentido, apunta que a responsabilidade de Contas é "realizar unha análise dos mecanismos para a prevención, detección e corrección da fraude, a corrupción e os conflitos de interese" e propor "melloras que se consideren oportunas para garantir a transparencia e reducir as oportunidades de fraude".

CONCLUSIÓNS

No apartado de conclusións, o informe establece que, con carácter xeral, os plans de medidas antifraude aprobados son de aplicación a toda a organización das entidades locais na medida en que participen na xestión dos fondos, co que "non se establece realmente un marco global de integridade desde unha perspectiva holística que integre ao conxunto da organización".

Engade que con carácter xeral, tamén, "non se elaboraron procedementos para resolver incumprimentos do código ético, para a revisión das avaliacións de riscos, para detectar as alertas de situacións de risco e para o tratamento e resolución de denuncias".

RECOMENDACIÓNS

Entre as recomendacións, fai unha "xeral" a todas as entidades locais de Galicia para que se doten de sistemas de integridade institucional que abarquen toda a súa actividade

O titular da Xunta, Alfonso Rueda, clausura o foro de debate Next Generation Galicia, organizado por elEconomista ostal dos Reis Católicos
O titular da Xunta, Alfonso Rueda, clausura o foro de debate Next Generation Galicia, organizado por elEconomista ostal dos Reis Católicos | Fonte: David Cabezón

Dos 178 concellos que participaron nunha enquisa remitida por Contas, 46 contestaron que tiñan un plan de medidas antifraude aprobado. Así, a porcentaxe de concellos de Galicia que dispuñan a 30 de xuño de 2022 dun destes plans é do 14,7% tendo en conta, iso si, que "se descoñece a situación dos 135 concellos que non responderon o cuestionario".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta