Tres persoas feridas logo de caer por un desnivel o coche no que viaxaban en Cerdedo-Cotobade

Os feitos sucederon sobre as 19,30 horas deste venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2023 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Dúas mulleres e unha menor resultaron feridas o quilómetro 67 da estrada N-541 ao saírse da vía e caer por un barranco o coche no que circulaban no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo trasladou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 19,30 horas deste venres. A esa hora, un particular alertaba á central de emerxencias do sinistro e sinalaba que o vehículo terminara semivolcado.

Con esta información, os operadores do 112 deron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Deza, ao Servizo de Emerxencias da Estrada, á Garda Civil de Tráfico, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e ao servizo de mantemento da vía de circulación.

Os servizos de emerxencias indicaron que o tres persoas subiron por un camiño, situado preto do lugar onde caeu o vehículo, na parroquia de Pedre. Posteriormente, foron trasladadas polos servizos sanitarios ao Hospital Montecelo.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS-061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta