O 'Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil' chega a Santiago para dar talleres gratuítos entre setembro e outubro

A concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, visitaron o 'Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil' no CSC As Fontiñas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2023 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela acollerá o 'Movemento Maker', que impartirá talleres gratuítos en barrios de toda a cidade, nos meses de setembro e outubro, por medio da furgoneta 'Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil'.

O vehículo está presente estes días en distintos puntos da capital galega ata finais de xullo para promocionar e explicar esta iniciativa á xente meses antes do seu inicio. Ademais, o 'Laboratorio Dixital' recibiu unha achega de 250.000 euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e, na capital galega, lévaa a Concellaría de Promoción Económica e de Centros Socioculturais (CSC), que o acollerán.

Este venres, a concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, visitaron o 'Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil' no CSC As Fontiñas.

Pola súa banda, Rozas destacou a importancia de promocionar a cultura 'maker' na capital galega. "Faise unha aposta pola innovación e tamén unha aposta no territorio compostelán de toda a cultura 'maker'", subliñou a concelleira.

Ademais, segundo informou Rozas, esta iniciativa estaba exposta desde 2015, pero soamente este ano foi levada a cabo e destacou o interese do publico polo tema.

"Estas son iniciativas que se fan en diferentes barrios de Santiago tendo en conta as necesidades e o interese dos veciños que residen nestes barrios. Ademais, ten tamén a semente de ir nos centros educativos e introducir esta cultura maker desde ben pequenos", subliñou a concelleira.

Un dos integrantes do equipo deste 'Laboratorio Móbil' e estudante de terceiro ano de Enxeñaría Informática da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Sergio Dacal, detallou que esta iniciativa contén dous proxectos.

Un é o 'RedTIC2', que consiste en talleres de entre 1 e 2 horas de duración, que serán impartidos ao longo da semana, entre luns e venres, en distintos horarios, e que ten énfases en "unha formación máis xeral. Por exemplo, a seguridade ao utilizar a internet, a intelixencia artificial, entre outros temas", informou Dacal.

O outro proxecto é a 'Academia Maker', que son talleres orientados aos mozos emprendedores ou as persoas en busca de traballo. Neste caso, son "levados conceptos a ámbitos pouco máis industrial, como a tecnoloxía para formar unha impresora 3D, entre outras iniciativas", explicou o estudante.

Os talleres da 'Academia Maker' impartiranse das 19,00 ás 21,00 horas da tarde nos finais de semana ao longo de oito semanas, entre setembro e outubro, e ocorrerán nos distintos centros socioculturais da cidade compostelá.

Pola súa banda, o deseñador industrial e coordinador do proxecto, Marcos Saavedra, subliñou que a intención desta iniciativa é compartir a cultura 'maker', que consiste en "democratizar todo o que ten que ver con innovación, pois cando as ferramentas se democratizan, faise que a máis xente chégase este coñecemento", explicou.

Ademais, Saavedra incidiu en que os talleres deste Laboratório Dixital pretenden que o coñecemento compartido e que a cultura maker "permanezan na cidade, que non dependa dun evento. Por isto, creo que estamos a facer moi ben, cun traballo de base, coa participación dos centros socioculturais", sinalou.

Para participar dos talleres é necesario ter máis de 18 anos e encher unha enquisa cos datos de contactos no sitio web compostelamaker.gal. Os interesados poden inscribirse en máis dun taller.

Santiago recibe o Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil, que ministrará talleres gratuítos por toda a cidade. THALES VALERIANI
Santiago recibe o Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil, que ministrará talleres gratuítos por toda a cidade. THALES VALERIANI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta