Rueda á alcaldesa de Santiago: "Quere contraprogramar a ofrenda ao Apóstolo"

Lémbralle que é a alcaldesa de todos e todas as santiaguesas e non só dos que a votaron.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/07/2023 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acusou á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, de "contraprogramar" a ofrenda ao Apóstolo coa organización do acto civil 'Alba de Compostela', creado este ano polo novo goberno santiagués.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa | Fonte: XUNTA - Arquivo

Despois de confirmar, a preguntas dos medios este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que non asistirá a este acto co que o Concello de Santiago quere homenaxear á sociedade civil compostelá o 25 de xullo, Rueda instou a Sanmartín a "rectificar" a súa decisión de non acudir á misa que forma parte da ofrenda ao Apóstolo, onde o propio presidente exercerá de delegado rexio.

Para o presidente, a alcaldesa debe estar presente, como representante das "institucións" galegas que é, no "acto central e principal" do "día da festa de Galicia". Ao seu xuízo, Sanmartín "está a equivocarse" porque como rexedora ten "que representar aos que che votan e aos que non che votan", unha crítica que, como lembrou, "está a dicirlle tamén o PSOE, que permitiu que fose alcaldesa, a alcaldesa menos votada da historia de Santiago".

Así pois, pediulle que "rectifique" e asista á celebración católica en lugar do acto civil que lle parece unha "equivocación" porque, segundo Rueda, ten unha intención de "contraprogamar" a ofrenda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta