Denuncian a falta de piloto substituto para o comandante principal de helicópteros do 061 desde o 8 de xullo

Afirman que desde o pasado 8 de xullo este posto foi substituído por un tripulante HEMS "que non ten capacitación para manexar a aeronave no caso de que o comandante sufra algún contratempo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2023 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A CIG denunciou que o servizo de transporte sanitario por helicóptero de Urxencias 061 carece de piloto substituto para o comandante principal desde o pasado 8 de xullo polo que, aseguran, en caso de contratempo non existe un tripulante "capacitado" para manexar a aeronave.

Nun comunicado emitido aos medios este martes, a central nacionalista trasladou que o contrato subscrito coa concesionaria Eliance establece que o servizo debe estar operado por dous pilotos, un comandante e un copiloto, ambos con capacitación para porse aos mandos do aparello.

Afirman que desde o pasado 8 de xullo este posto foi substituído por un tripulante HEMS "que non ten capacitación para manexar a aeronave no caso de que o comandante sufra algún contratempo", o que supón "unha rebaixa substancial na seguridade, tanto para pacientes como para o persoal sanitario".

A CIG sostén que esta situación era coñecida para a Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061 "desde que recibiu por parte de Eliance o cronograma para o mes de xullo" pero, di, non trasladou a información aos traballadores nin aos seus representantes ata o propio 8 de xullo, primeira xornada do tripulante HEMS.

Así, afirma que esta circunstancia, que "xa se produciu puntualmente en abril", prolongarase por un período de "como mínimo" dez días. A CIG lembra que o contrato do servizo de transporte aéreo do 061 está prorrogado despois de concluír a súa vixencia en abril e quedar deserta a licitación por case 10 millóns de euros o pasado mes de xuño.

Helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago / Europa Press / Europa Press
Helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta