Un incendio obriga a evacuar dúas persoas do interior dunha vivenda en Boiro

As dúas persoas que se atopaban no piso onde ardeu a cociña tiveron que ser trasladados en ambulancia ata un hospital ao resultar intoxicados polo fume, que tamén afectou á vivenda contigua.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2023 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Un incendio declarado na cociña dunha vivenda de Boiro obrigou a evacuar a dúas persoas que se atopaban no seu interior e que se viron afectadas o fume.

O suceso tivo lugar ás 15,45 horas deste luns e mobilizou aos bombeiros, protección civil de Boiro e Urxencias Sanitarias 061, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

As dúas persoas que se atopaban no piso onde ardeu a cociña tiveron que ser trasladados en ambulancia ata un hospital ao resultar intoxicados polo fume, que tamén afectou á vivenda contigua.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta