Ferida grave unha persoa que cruzaba por un paso de peóns en Poio

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/07/2023 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida grave tras ser atropelada cando cruzaba por un paso de peóns na avenida da Cruz, no municipio pontevedrés de Poio.

Segundo informou a Policía Local, o suceso produciuse sobre as 13.00 horas. Un turismo que circulaba en dirección Sanxenxo-Pontevedra atropelou a unha persoa veciña de Poio cando cruzaba polo paso de peóns.

No dispositivo de emerxencias participou unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido. Agora investíganse as causas do accidente que se puido deber a unha imprudencia. Iniciáronse dilegencias para ser trasladadas ao xulgado de garda.

Atropelo en Poio
Atropelo en Poio | Fonte: POLICÍA LOCAL POIO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta