Trasladado en helicóptero tras ser golpeado por unha vaca en Chandrexa de Queixa

O coidador quixo quitarlle unha carracha ao animal e este golpeouno nun ollo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/07/2023 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

Un home foi evacuado en helicóptero medicalizado ao Hospital de Ourense tras ser golpeado por unha vaca no concello de Chandrexa de Queixa. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 20,00 horas na parroquia de Requeixón, punto ao que acudiu un equipo a bordo da aeronave de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O home presentaba lesións na zona do ollo despois de recibir o golpe da vaca. O animal reaccionou deste xeito cando o coidador trataba de quitarlle un carracho que traía do monte.

Ademais do equipo médico, neste operativo colaboraron os axentes da Garda Civil, os membros do GES de Maceda e os voluntarios de Protección Civil de Chandrexa de Queixa.

Unha vaca pastando nunha leira
Unha vaca pastando nunha leira | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta