O novo arcebispo de Compostela reitéralle ao Papa a invitación para visitar Santiago

O recentemente nomeado Arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, recibirá o seu palio xunto a outros arcebispos nunha cerimonia en Roma.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2023 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O recentemente nomeado Arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, participa este xoves en Roma nunha cerimonia na que o Papa fai entrega do palio aos novos prelados. Alí aproveitará para reiterarlle ao Papa Francisco a invitación para visite Compostela.

Este é o primeiro encontro entre o Arcebispo e o sumo pontífice. Un acto no que, tal e como detallaron fontes do Arcebispado a Europa Press, con motivo da festividade de San Pedro e San Pablo, o máximo representante da Igrexa católica entrega o palio --ornamento de la branca que utilizan os arcebispos metropolitanos-- a un total de 32 prelados.

Alí, apuntan, Prieto volverá convidar ao Pontífice a visitar Compostela, algo que xa fixera en diferentes ocasións o seu antecesor, Julián Barrio.

Monseñor Francisco Prieto, arcebispo de Santiago
Monseñor Francisco Prieto, arcebispo de Santiago | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta