Condenan a cinco anos de cárcere a un home que abusou dunha menor con discapacidade

Os maxistrados destacan que "o atraso madurativo e trastorno da linguaxe" fan á vítima "especialmente vulnerable".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2023 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense condenou a cinco anos de cárcere ao autor dun delito continuado de abuso sexual sobre unha menor. A sección segunda considera probado que o acusado, nacido en 1943, entre os meses de novembro de 2020 e marzo de 2021, tanto no seu domicilio como na súa leira e na rúa, "fíxolle lascivamente diversos tocamentos nos peitos e xenitais á menor, nacida en 2008 e afectada por unha discapacidade do 46%".

Os maxistrados destacan que "o atraso madurativo e trastorno da linguaxe" fan á vítima "especialmente vulnerable", así como que o procesado "tiña perfecto coñecemento da idade da menor e da súa discapacidade".

Ademais da pena de prisión, a Audiencia impúxolle a prohibición de aproximarse a unha distancia inferior a 50 metros da vítima, así como ao seu domicilio, colexio ou calquera lugar onde se atope, e a de comunicarse con ela por calquera medio ou procedemento durante sete anos. En concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar á menor con 3.000 euros.

"A diferenza do que ordinariamente ocorre nos delitos contra a liberdade e indemnidad sexual, perpetrados na clandestinidade, no presente caso, xunto coa declaración da menor, contamos cos informes e con testemuños de varias veciñas que viron ao acusado tocar de maneira lasciva á menor", indican os maxistrados na sentenza, contra a que cabe presentar recurso.

Audiencia provincial de Ourense
Audiencia provincial de Ourense | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta