Calviño confirma a prórroga da rebaixa do IVE dos alimentos básicos

Rueda critica que o Goberno central "siga pensando" que o peixe e a carne son produtos "de luxo".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/06/2023 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos e para a Transformación Dixital, Nadia Calviño, confirmou este luns que o Consello de Ministros deste martes aprobará o Real Decreto-lei para prorrogar algunhas medidas anticrises que caducan o próximo 30 de xuño.

Aínda que non quixo revelar o contido da norma á espera da súa aprobación no Consello de Ministros, Calviño insistiu en que a baixada do IVE dos alimentos básicos e o apoio ao transporte público son duas das medidas "que se van a manter" se os prezos se atopan "por encima do razoable".

"Estamos pendentes dos datos dos prezos en xuño, que non coñeceremos ata final de mes, e o xoves teremos o primeiro avance. Pero semella que o prezo dos alimentos segue estando elevado. Por iso cremos que se ten que manter, pero sempre vinculado a como vaian evolucionando os prezos nos próximos meses", apuntou.

Preguntada por se baralla estender a rebaixa do IVE á carne e o peixe, a vicepresidenta primeira subliñou que xustamente no último mes baixou o prezo do peixe. "O que vemos é que están a evolucionar os prezos dunha maneira que fai conveniente estender as (rebaixas do IVE) que xa temos en marcha. O que fixemos neste primeiro semestre do ano é facer unha baixada do IVE que está subordinada ou condicionada a como vaian evolucionando os prezos dos alimentos e esa é a liña que temos que seguir en xeral, medidas que se vaian adaptando o máis automaticamente posible a como vaia respondendo a economía", explicou.

A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño. Eduardo Parra - Europa Press
A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño. Eduardo Parra - Europa Press

RUEDA

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, denunciou que o Goberno central "siga pensando" que o peixe e a carne son produtos "de luxo" e "non merezan" unha redución do IVE.

"Creo que é o que reclama todo o mundo", manifestou, a preguntas dos medios este luns en Bergondo, onde se referiu a esta reclamación do sector pesqueiro e da pruducción da carne a un día de que o Consello de Ministros prorrogue a redución do IVE a produtos da cesta da compra.

Para o dirixente autonómico, "non se entende que o Goberno central siga pensando que a carne e o peixe non son alimentos básicos e que non se merecen a rebaixa, que é o que reclama a Xunta e todas as administracións serias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta