Miguel Tellado asegura que Pedro Sánchez busca nos estudios de televisión "a calor que non atopa na rúa"

O vicesecretario de Organización do PP lamenta nun acto na Coruña os "duros malos tratos" do Goberno á Comunidade nos últimos anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2023 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O vicesecretario de Organización do PP e número 1 ao Congreso pola Coruña, Miguel Tellado, asegurou que Pedro Sánchez "busca nos estudios de televisión a calor que non atoparía en rúa" respecto da precampaña electoral socialista e animouno a realizar as entrevistas que fai con ministros socialistas con Irene Montero ou Otegui para que os españois poidan "contrastar as distintas opinións".

Así se expresou este domingo no acto de presentación das candidaturas do PP da Coruña ao Congreso e ao Senado para as eleccións xerais do 23 de Xullo.

"Sánchez está a facer campaña na televisión e non na rúa. Protagoniza entrevistas doces cunha especie de programa de que podería chamarse Sálvame Deluxe ou Sálvame Bildu e Esquerra. Sánchez vive o seu Sálvame particular. Fai entrevistas con algúns dos seus ministros pero ollo, non con todos. Gustaríame que fixese un cara a cara con Irene Montero ou con Otegui para contrastar as distintas opinións. Tamén con Yolanda Díaz, que esta semana anunciaba que no seu programa levaría apoiar a axenda secesionista de Cataluña", sinalou Tellado en referencia á cara a cara que mantén Sánchez con algúns dos seus ministros, onde o propio presidente exerce de presentador.

Tamén se referiu á lema de campaña dos socialistas, 'A Mellor España'. "Pero a mellor non foi a que el ha protagonziado no últimos cinco anos. Dista moito do que el imaxina ou presume. É a España da inflación, do paro xuvenil, da perda de poder adquisitivo. É a España dos okupas e os violadores na rúa. Sei que soa forte pero é a realidade", asegurou.

A este respecto, lembrou que "hoxe nas rúas de España hai máis de 100 agresores sexuais dispostos a reincidir pola incompetencia e a soberbia do Goberno". "Son tan responsables os socialistas como os podemitas da aprobación dunha lei que avergoña a todo un país. Lamentablemente o PSOE non só non agradeceu os votos do PP para arranxar esa 'desfeita', senón que non tendeu a valentía de pedir desculpas", remarcou.

Acto de presentación dos candidatos ao Congreso e ao Senado do PPdeG pola Coruña. PPDEG
Acto de presentación dos candidatos ao Congreso e ao Senado do PPdeG pola Coruña. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta