A partir desde sábado non poderás facer queimas agrícolas debido ás condicións meteorolóxicas

Non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste 24 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/06/2023 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

A partir deste sábado, día 24 de xuño, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia debido ás condicións meteorolóxicas. Así informou a Consellería do Medio Rural nun comunicado, no que precisa que quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios.

O departamento autonómico explicou que isto implica que non se darán máis permisos e que os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste próximo sábado. A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados ao detalle os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de incendio.

A Consellería de Medio Rural pediu colaboración cidadá para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde este sábado e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal. Ademais, lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Un efectivo da Xunta nun incendio forestal
Un efectivo da Xunta nun incendio forestal | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta