Máis de 120 vehículos clásicos, de época e competición en Expourense

O 'Salón do Vehículo Clásico', a gran novidade no calendario feiral do recinto ourensán para este 2023, terá lugar os días 24 e 25 de xuño.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 23/06/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O primeiro Salón do Vehículo Clásico preséntase en Expourense co obxectivo de converterse nun gran punto de encontro para os afeccionados aos vehículos clásicos. Ademais, será unha oportunidade para coñecer as últimas tendencias e novidades do sector e tamén para establecer contactos e realizar negocios, xa que o salón conta cunha área de compra-venda de clásicos.

Presentación 1º Salón del Vehículo de Ocasión. Foto: Prensa Expourense.
Presentación 1º Salón del Vehículo de Ocasión. Foto: Prensa Expourense.

O evento contará coa presenza de 20 expositores especializados no sector do clásico, podendo atopar dende empresas dedicadas á compravenda como empresas de recambios, accesorios, compoñentes, pintura, miniaturas, etc. A maiores, participan unha quincena de clubs de clásicos (tanto coches como motos coa presenza de varios clubs de “Vespa”) de toda Galicia e mesmo a nivel nacional. A área expositiva inclúe ademais a participación de máis de 120 vehículos clásicos (matriculados ata 1993, é dicir, cun mínimo de 30 anos de antigüidade) entre os que se poden atopar coches, motos, camións ou autobuses. Estes vehículos de exposición están cedidos por coleccionistas privados, restauradores, mecánicos, clubs e particulares.

Entre os vehículos desta exposición poderá verse o mítico “Alpinche” cedido pola Fundación Estanislao Reverter ou os autobuses de pasaxeiros da empresa Autocares Cuíña. Haberá ademais un aparcamento reservado con máis de 50 prazas nos que poderán aparcar aqueles visitantes que acudan cun clásico (ata completar aforo e mellor con reserva previa a través da web do salón) para que o público poida observalo e interactuar con el.

A escultura do o mítico “Alpinche” en Ourense. Foto: XMF
A escultura do o mítico “Alpinche” en Ourense. Foto: XMF
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta