Ferido un home tras caerlle encima parte do tellado dunha casa en Boborás

Foi evacuado en helicóptero ata un centro hospitalario

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/06/2023 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser evacuado en helicóptero na tarde deste mércores despois de que se lle caese encima parte do tellado dunha casa en Boborás (Ourense), o que lle deixou un profundo corte na cabeza.

Segundo información do 112 Galicia, ocorreu nunha vivenda semiderruida no lugar de Feás, sobre as 15,30 horas. Varios veciños retiraron os cascallos para liberar a este home que se viu sepultado por lousas e vigas de madeira.

Foi un particular quen chamou á central de emerxencias para avisar deste suceso. Seguidamente, o 112 solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias-061, dos bombeiros do Carballiño, da Garda Civil e de Protección Civil de Boborás. Os servizos sanitarios mobilizaron un helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que o home, xa liberado, foi evacuado ata un centro hospitalario.

Helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago
Helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta