A Xunta acumula xa catro sentenzas anulatorias contra a súa política eólica

O TSXG insiste en que os parques vulneran o dereito comunitario en materia de participación pública e avaliación ambiental.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/06/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Xustiza xa emitiu xa catro sentenzas anulatorias contra a política eólica da Xunta, a última, a sentenza do TSXG que tomba un novo proxecto eólico (Bustelo) de Greenalia nos concellos de Coristanco, Santa Comba e Carballo, estimando o recurso contencioso-administrativo contra a súa autorización interposto por ADEGA e a PDCC. 

Aeroxerador de Greenalia.. GREENALIA
Aeroxerador de Greenalia.. GREENALIA

Outra volta, o TSXG considera que a Xunta vulnera o dereito comunitario en materia de participación pública e avaliación ambiental, o que supón un importante precedente xurídico na loita contra a invasión eólica. Este proceso é o segundo dos tres recursos contencioso-administrativos interpostos pola Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA) e pola Plataforma para a defensa da Cordilleira Cantábrica (PDCC) contra as resolucións do Consello da Xunta polas que se autorizaron os proxectos eólicos Campelo, Bustelo e Monte Toural, promovidos por Greenalia.

 

Malia que por parte de Greenalia se tivese difundido en días anteriores que se reactivaría o desenvolvemento do parque eólico Bustelo após “desestimar” o TSXG o recurso, por segunda vez trala anterior e recente sentenza relativa ao parque eólico Campelo, recaeu unha resolución xudicial anulatoria das autorizacións dun proxecto eólico. 

 

ACUMULANSE AS ANULACIÓNS

 

Bustelo é o cuarto parque eólico autorizado pola Xunta do PP en ser anulado nos tribunais, logo das dúas sentenzas xa firmes do Tribunal Supremo que tumban o parque eólico Sasdónigas I e II de Mondoñedo, o proxecto eólico Serra do Oribio, nos concellos de Samos e Triacastela, e o proxecto Campelo, sen contar a anulación da repotenciación do P.E. Corme.

 

O fallo, ao igual que aconteceu co relativo ao proxecto Campelo tamén di que hai un suposto de fragmentación artificial e ilegal de proxectos a respecto dos proxectos eólicos Bustelo e Monte Toural, tamén impugnados e pendentes de sentenza, fragmentación que impediu a avaliación ambiental unitaria dos mesmos.

 

SENTENZA CONTRA A XUNTA

 

"A sentenza pon de manifesto, unha outra vez, a prevalecía que para o goberno de Alfonso Rueda teñen os intereses privados das empresas eólicas fronte ao interese xeral na defensa do medio ambiente e no fomento e salvagarda dos dereitos de participación da cidadanía", denuncia Adega nun comunicado.

Está pendentes de sentenza a impugnación xurisdicional relativa ao proxecto eólico Monte Toural, tamén promovido por Greenalia e, segundo se declara nas sentenzas relativa aos proxectos eólicos Campelo e Bustelo, artificiosamente fragmentado do mesmo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta