Que vai pasar coa publicidade ideolóxica, política ou sesgada por orientación sexual na Lei de Servizos Dixitais?

Será obrigatorio indicar o por que das recomendacións de determinada información aos usuarios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/06/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Un novo panorama nos buscadores chegará en febreiro de 2024 grazas a nova Lei de Servizos Dixitais, impulsada pola Unión Europea. As bases desta normativa son a privacidade e a competitividade leal. Ademáis, esperaseque estos cambios teñan un impacto de crecemento económico de ata 23.000 millóns de euros.

Persoa teletraballando nun ordenador
Persoa teletraballando nun ordenador | Fonte: Europa Press

A nova reglamentación parte de reforzar a protección dos dereitos dos usuarios. Por iso, os buscadores ou plataformas en línea deberán, por unha parte, dar un resumen claro e entendible sobre as condicións de uso; e por outro, cumprir unha política de transparencia de recomendación e de publicidade. "Agora queda prohibido mostrar publicidade según orientación sexual ou opinións políticcas, todo iso serán considerados datos sensibles que non se poden empregar", explica Maxence Marius, director xeral da axencia SEO Eskimoz.

Pero iso non é todo, esta normativa pretende tamén xerar máis información na rede e unha ampliación das posibilidades de elección. "Búscase reducir a competencia desleal, as estratexias maliciosas na rede e fomentar un escenario moito máis amable para un mellor desenvolvemento da economía", indica Marius.

Con todo isto, a UE prevé un aumento da competencia e un excedente de consumidores de 13.000 millones de euros. No seu conxunto podría supoñer un crecemento económico de ata 23.000 millones de euros grazas á potenciación de grandes, pero tamén de pequenas e medianas empresas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta