Por E.P. | A CORUÑA | 14/06/2023 | Actualizada ás 19:51
A serie documental 'O espello de Claude', que aborda "a incerteza da adolescencia ante o mundo", foi seleccionada como gañadora do XVII Premio 'Luís Ksado'.
Trátase dun certame de creación fotográfica, no que, unha vez aberta a plica, constatouse que a obra gañadora era do fotógrafo compostelán Fuco Reyes.
Así o informa a Deputación da Coruña, convocante do certame que sinala que o xurado seleccionou unha obra resultado dun proxecto realizado con adolescentes de distintos institutos ao longo do ano. Entre outras cuestións, destacou a "audacia na execución".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.