Emoción nos deputados que deixan o seu escano para ser alcaldes

O único parlamentario nacionalista que deixa o Parlamento declárase "fan" do discurso de Balseiro (PP) e promete seguirlle a pista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2023 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A precipitación dos acontecementos políticos nas últimas semanas tras as eleccións municipais do 28 de maio, cos concellos aínda por constituír, e a entrada de cheo na precampaña electoral para as xerais do 23 de xullo deixaron este mércores un regueiro de despedidas na Cámara galega.

Tiveron ocasión de despedirse, uns minutos que aproveitaron para revelar as súas emocións, recoñecer o traballo de todos e, a pesar das disputas políticas, selar a paz cos seus opoñentes políticos. Entre eles están, Manuel Lourenzo (BNG), futuro alcalde de Soutomaior; Marta Nóvoa (PPdeG), futura alcaldesa de San Cibrao; José Manuel Rey Varela (PPdeG), futuro alcalde de Ferrol; Ovidio Rodeiro (PPdeG), próximo rexedor de Boqueixón; e Daniel Veiga, que asumirá a Alcaldía de Ribadeo tras a vitoria do PPdeG.

Así pois, Rey Varela avisou de que Ferrol seguirá necesitando a colaboración do Parlamento para saír adiante, Daniel Veiga asegurou que "non se van a esquecer" del os conselleiros porque lles chamará á porta para reclamar para o seu concello investimentos e Manuel Lourenzo, en clave electoral, aproveitou para equiparar a conquista do municipio tradicionalmente gobernado polo PP para afirmar que será un preludio para a Xunta con Ana Pontón.

CHISCADELAS E PROCLAMAS

Máis aló de chiscadelas políticas e proclamas de precampaña, Manuel Lourenzo declarouse "fan" dos discursos de José Manuel Balseiro, o mariñán popular ao que lle asegurou que lle seguirá a súa carreira parlamentaria a través do 'streaming', o que non pasou desapercibido para as bancadas dun e outra cor.

Os deputados populares tiveron palabras de agradecemento á confianza recibida tanto polo actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como polo seu antecesor e presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, á vez que houbo recoñecementos aos seus compañeiros de bancada e, en especial, ao "profesor Puy".

Sesión control Parlamento de Galicia no que os deputados aplauden en lingua de signos / ÁLVARO BALLESTEROS / Europa Press / Europa Press
Sesión control Parlamento de Galicia no que os deputados aplauden en lingua de signos / ÁLVARO BALLESTEROS / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta