Denuncian ao Son do Camiño ao denegar o acceso con comida ou bebida

Facua Galicia recalca que "a súa actividade principal non é a hostelería" polo que advirten que están incorrendo nunha infracción.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/06/2023 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Facua Galicia denunciou ao festival O Son do Camiño por impedir o acceso ao recinto con comida e bebida e esixe á organización, UTE Esmerarte & Old Navy, que rectifique. De non facelo, advirten, incorrerían en cláusulas abusivas, "xa que a súa actividade principal non é a hostalaría".

A asociación presentou a denuncia ante o Instituto Galego de Consumo. Sinalan que nas condicións xerais de compra e acceso ao recinto, a organización do festival exhibe, no apartado de admisión que, "por motivos de seguridade", non permitirá entrar ao recinto con "comida ou bebida do exterior, salvo intolerancias ou alerxias con certificado médico", e engaden: "neveira ou bolsa con varios produtos de alimentación".

Así, Facua apunta que os promotores do evento vulneran un ano máis o dereito dos participantes a introducir comidas e bebidas do exterior. Advirte que poderían incorrer nunha infracción en materia de consumo. E é que, tal e como lembra a asociación, a actividade principal da empresa promotora do festival é "a produción e execución de actividades de lecer, polo que a prohibición de consumir comidas e bebidas adquiridas fóra do recinto non é necesaria para a correcta consecución da actividade comercializada".

Recalcan ademais que na páxina web do festival non se fai unha clara alusión á posibilidade de acceder ao recinto con comida e bebida do exterior, "polo que de prohibirse ao momento de acceder darase conta ás entidades competentes en materia de consumo".

Un grupo de persoas á súa chegada á zona de acampada no festival Oson de Camiño
Un grupo de persoas á súa chegada á zona de acampada no festival Oson de Camiño | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta