Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/06/2023 | Actualizada ás 11:02
O Índice de Prezos de Consumo (IPC) situouse en maio en Galicia no seu dato máis baixo en taxa interanual desde maio de 2021, ao alcanzar o 2,9%, segundo publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).
A inflación en Galicia rexistrou un descenso mensual do 0,1% e acumula un incremento, no entanto, do 1,4% no que vai de ano. Nos catro primeiros meses de 2023, o IPC galego anotouse taxas anuais do 6,4% (xaneiro e febreiro), 3,4% (marzo) e 4,1% (abril).
En maio, os alimentos e bebidas non alcohólicas experimentaron un ascenso do 11,5% nos seus prezos, mentres que a vivenda reduciunos nun 12,2%. Tamén bebidas alcohólicas e tabaco rexistraron un dos ascensos máis elevados, do 7,8%, e pola súa banda o transporte baixou un 2,9% en taxa interanual.
DATOS ESTATAIS
No conxunto estatal, o IPC non experimentou variación en maio en relación ao mes anterior, pero recortou nove décimas a súa taxa interanual, ata o 3,2%, o seu menor nivel desde xullo de 2021, debido ao abaratamento dos carburantes e dos alimentos, que moderaron o crecemento dos seus prezos nove décimas, ata o 12%, a súa taxa máis baixa nun ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.