Por E.P. | OURENSE | 08/05/2023 | Actualizada ás 18:01
O Servizo Galego de Saúde publicou este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se resolve a convocatoria pública e procédese ao nomeamento do tres postos vacantes de supervisor de área de enfermaría no hospital de Ourense. Os tres postos vacantes foron convocados o pasado mes de febreiro e agora péchase o proceso co nomeamento dos seus novos responsables.
Concretamente, nomeouse supervisora da área cirúrxica do Complexo Hospitalario de Ourense a Carmen María Aldemira Arias, mentres que Patricia Muñoz Carral será supervisora da área de Radiodiagnóstico, Radioterapia e Consultas Externas. Finalmente, a supervisora de Saúde Mental será María Rodríguez Álvarez.
Por outra banda, o Sergas publicou este luns no DOG a relación de aspirantes definitivamente seleccionados no concurso oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo de área.
En concreto, as listaxes fan referencia ás especialidades de cirurxía Oral e Maxilofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía Plástica e Estética, Inmunoloxía e Oncoloxía Radioterápica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.