As licencias dos que mandan

Cando levas moito tempo no poder ate, por desiste, pensas que o poder e a institución na que mandas son túas, e disfrutas facenco pequenas falcatruadas. Total eres o amo e pouco che impota o que latrique e berre a oposición.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 06/05/2023

Comparte esta noticia
Iste podería ser o resume do que lle acontece a moitas autoridades que a día de hoxe mandán e son os  suxetos destas novas  que se fala delas con moita retranca e que  sirven de mofa pra rirse  dos  que nos gobernan. Ah, eres da terra da chispa? Pois  a ver cando lle dades a volta a situación e se fala de cousas positivas desa cidade e provincia.
 
Hai uns meses o noso alcalde tamén foi cazado e sancionado na cidade de  Vigo por circular co coche oficial a máis velocidade da permitida. Mais aínda hoxe non sabemos quen era  o condutor do coche amarelo. Eso é unha minucia pensan moitos.  Total que máis dá, paga o  Concello. Polo que asunto concluído. Pero o curioso do tema  é que os concelleiros da oposición, e tamén os do PP da  corporación,  pedían saber o nome de quen guiaba o mentado  coche oficial. E agora  ainda non escoitei que pediran que o  Sr. do pazo  provimcial diga quen  levaba o coche as outras veces que foi sancionado. Supoño que será un misterio pois o xefe do parque tampouco o  sabe. 
 
Ben sei que son pequenas trasnadas as que pasan en todos os sitios onde hai coche oficial.  O exercicio do poder cando é por moito tempo agocha moitas irregualridades dos que o exercen. E como son asuntos pequenos, poucas saen á  luz. 
 
Agora que saen cada día novoas sobre o rei emérito, outra boa peza;  agora que todos saben que fixo caixa e que foi un danzante, un  pillaban,  ou si o prefiren un truhan como di  Julio Iglesias,  xa  non chega con dicir: “Lo siento me he equivocado. No volverá a suceder más” 
Polo que  pedir disculpas  como fixo  Juan Carlos  xa non ten credibilidade. Iso soamente é un xesto con moi pouca grantía de non volver a facer a  trastada máis veces.
 
Pedir  disculpas, coa boca pequena,  non debera ser suficiente. Pero estamos en Ourense e parte da  sociedade non esixe mais. O  acontecido lévanos, penso,  a estrenar un tempo novo: O das disculpas do mal pagador.  A deriva cara abaixo comenza a tomar corpo e xa veremos  onde nos leva. Agora que estamos ás portas dunhas eleccións e a  claridade na xestión debera ser un exemplo a seguir, nunca se fala  nin se fai de Balance.  E non debera ser así. Agora é cando hai que falar do prometrido que foi moitísimo, do feito que é moi cativo,  e de como quedan as contas  nas arcas  desas institucións. Pois  en Ourense, as promesas dese Sr. e de  Jácome, foron moitas e os  feitos  moi poucos. Se a caso o despilfarro en obras, moitas delas innecesarias; obras que  van deixar un burato económico para os que veñan. Dado que as que eran moi necesarias non se afrontaron. Polo que,  no referido ás institucións  aludidas Concello e Deputación,   precísase moita  luz   diante tanta escuridade. 
 
As licencias dos que mandan, as veces,  ate amosan  a verdadeira cara das persoas electas. Mellor, amosan  a cara que non lles gusta que se vexa, pero que é a verdadeira.   Polo que  semella que  estamos diante persoas que pensan que sin eles o mundo non anda;  e que actúan mesturando os asuntos públicos cos privados. Polo que estamos   diante os  caprichos,   ou  se o prefiren  os antoxos  dos que mandan é   resistirse a non  cumprilos débelle ser moi dificil.  

O presidente da Deputación de Ourense e presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar
O presidente da Deputación de Ourense e presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com