Máis do 60% de persoas de entre 65 e 74 anos ten escasas habilidades dixitais segundo un estudo de CCOO

Solicitou o restablecemento do Consello Galego das persoas maiores, un órgano que foi creado no ano 2000 e desapareceu baixo o pretexto de aforro, en 2015.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

Máis do 60% das persoas de 65 a 74 anos declaran que ten escasas habilidades dixitais e o 7,8% non conta con ningunha, segundo apunta o estudo do Observatorio Social das persoas maiores da Federación de Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras (CCOO).

Unha situación que provocou que en Galicia só o 26% dos maiores de 75 anos utilizasen Internet no últimos tres meses e que, segundo o secretario xeral da Federación de pensionistas estatal, Juan Sepúlveda, evidencia a necesidade de impartir cursos gratuítos para que estas persoas poidan acceder á rede por se mesmas e de "humanizar os servizos cotiáns".

O estudo foi presentado este luns pola secretaria xeral de Comisións Obreiras en Galicia, Amelia Pérez, que declarou que a vellez ten que ser "cantidade", co alongamento da esperanza de vida a unha media de 83,5 anos, e "calidade", a través de medidas políticas favorables.

Actualmente, o informe apunta que as persoas maiores de 65 anos representan o 20% da poboación total do país, unha cifra que aumenta en provincias como Ourense, onde supera o 30%; seguida de Lugo, ás portas. Por outra banda, engaden, a natalidade volve caer en 2021, cunha redución do 1,3% dos nacementos.

En canto ás pensións, o secretario xeral da Federación de pensionistas de Galicia, Carlos Mella, incidiu en que, cos datos do último mes, Galicia é unha das comunidades autónomas coas pensións máis baixas de España con 1.017,87 euros de media, con algunhas provincias como Lugo que non alcanzan o mil euros.

Mella tambíén trasladou os datos de persoas atendidas a través do Sistema de Dependencia, establecido hai 12 anos, grazas ao cal trataron a 1.490.000 persoas.Nesta liña, reivindicou a mellora profesional das persoas, xeralmente mulleres, que traballan neste sector e recalcou que se necesitan máis días e máis horas destinadas á axuda a domicilio.Así mesmo, Sepúlveda engadiu que se necesita máis formación e mellores soldos para que estas persoas poidan seguir na súa contorna familiar e recibir asistencia domiciliaria.

CONSELLO GALEGO DAS PERSOAS MAIORES

Na rolda de prensa, a responsable de política social de CCOO, Maica Bouza, concluíu coa necesidade de que as persoas maiores participen activamente, tanto a nivel autonómico como provincial, no deseño e desenvolvemento das actuacións relacionadas coa vida cotiá.

Por iso, solicitou o restablecemento do Consello Galego das persoas maiores, un órgano que foi creado no ano 2000 e desapareceu, apunta Bouzas, baixo o pretexto de aforro, en 2015. A portavoz lembrou que Galicia é unha das dúas únicas comunidades autónomas, xunto a Baleares, que carecen deste espazo de actuación.

Comisións Obreiras presenta o Observatorio Social das persoas maiores
Comisións Obreiras presenta o Observatorio Social das persoas maiores | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta