O sindicato de xustiza STAJ solicita á Xunta centralizar nun só servizo o proceso de poderes 'apud acta'

Indican que "moitos cidadáns teñen dúbidas" sobre a cal poden dirixirse

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ) solicitou á Xunta a centralización nun só servizo dos denominados poderes 'apud acta', que actualmente se presentan nas oficinas xudiciais onde se realizan os procedementos.

E é que, tal e como critica a organización no seu escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza, para os poderes que veñen de fóra aprobouse unha quenda mensual entre os xulgados da xurisdición correspondente, "de modo que moitos cidadáns teñen dúbidas" sobre a cal poden dirixirse.

Do mesmo xeito, estas dúbidas suscítanse "entre os procuradores, que tampouco teñen claro cal é o xulgado ao que lle corresponde ese mes o outorgamento de poderes". Por isto mesmo, STAJ considera que se podería solucionar a través dun servizo propio centralizado e con persoal exclusivo, que funcione con cita previa nos xulgados do sete grandes cidades de Galicia.

Xulgados de Santiago de Compostela
Xulgados de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta