Investigado por un incendio orixinado por labores de limpeza sen seguridade

É a quinta persoa da actual campaña investigada como presunta autora de incendios forestais

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 09/03/2023 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Unha persoa foi investigada por un incendio forestal rexistrado na parroquia de San Vicenzo da Baña (A Coruña) e que afectou a un total de 0,25 hectáreas. O lume orixinouse o pasado 17 de febreiro pola realización de labores de limpeza e queima de matogueira sen as debidas medidas de seguridade.

A investigación puxo de manifesto que na zona realizáronse traballos de limpeza con rozadora, colocación e pintado de marcos e localización de ramas usadas como batelumes.

Tras confirmar coa persoa propietaria da parcela a execución de labores de limpeza e de queima de matogueira, comprobouse que o lume se debeu a que non se adoptaron as medidas de seguridade necesarias.

A Policía Autonómica remitiu as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución de Garda de Negreira. A Xunta detallou que se trata da quinta persoa investigada pola Policía Autonómica na actual campaña como presunta autora de incendios forestais.

Varios bombeiros nunha imaxe de arquivo traballan na extinción dun lume
Varios bombeiros nunha imaxe de arquivo traballan na extinción dun lume | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta