Os TEDAX destrúen tres proxectís localizados en Valdoviño por unha veciña do lugar

A Garda Civil identificounos como proxectís de artillería sen detonar.

Por Galicia Confidencial | Valdoviño | 18/02/2023 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O TEDAX (Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos) da Garda Civil retiraron e destruíron tres proxectís en Valdoviño.

Proxectís retirados en Valdoviño (A Coruña). GARDA CIVIL
Proxectís retirados en Valdoviño (A Coruña). GARDA CIVIL

Segundo informan nun comunicado, os feitos sucederon tras a chamada telefónica ao cuartel da Garda Civil de Valdoviño por parte dunha veciña da localidade que, facendo labores de limpeza nunha nave que estaba a preparar para poñela á venda, localizou os tres artefactos.

Ao lugar de desprazouse unha patrulla do Posto e outra da Policía Local para verificar os feitos e acordoar a zona, onde comprobaron que se trataba de tres proxectís. Así, pasouse aviso ao Equipo de Desactivación de Explosivos da Comandancia da Garda Civil da Coruña.

O Equipo do TEDAX comprobou que se trataba dun proxectil rompedor de artillería completo con carga e espoleta de 127 mm e dous proxectís de 152,4 mm sen espoleta nin carga explosiva, procedendo á súa retirada e posterior destrución nunha canteira situada nas proximidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta