O Concello de Santiago aclara que só se regularizarán as vivendas turísticas operativas antes de 2019

O goberno local de Santiago sinala que esta regularización unicamente afectará a vivendas que "cumpran" os requisitos de habitabilidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2023 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O goberno local de Santiago aclarou que a normativa para vivendas turísticas que será aprobada a próxima semana unicamente permitirá regularizar aquelas situadas fóra do centro histórico e que operasen antes de finais de decembro de 2019.

Así o manifestou a preguntas dos medios a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, este mércores nunha rolda de prensa na que matizou as palabras do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, quen o pasado lues afirmou que poderían regularizarse as vivendas que cumprían os requisitos esixidos en 2019.

Neste sentido, Rosón sinalou que a modificación do plan xeral de ordenación municipal en materia de usos unicamente contempla a regularización das vivendas para aqueles propietarios "que poidan probar" que operaban antes de finais de 2019, "estean ou non" inscritos no rexistro da Xunta.

Esta regularización unicamente afectará as vivendas que "cumpran" os requisitos de habitabilidade e outras esixencias e que estean situadas fose do centro histórico, onde lembrou que non están permitidas.

Deste xeito, Rosón avanzou que a proposta de modificación do plan xeral chegará á xunta de goberno da próxima semana.

Mercedes Rosón.. EUROPA PRESS - Arquivo
Mercedes Rosón.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta