Convocada a sexta edición do concurso de microrrelatos, que se poden enviar do 1 ao 28 de febreiro

A Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal repartirán nove premios entre concursantes das categorías de infantil, xuvenil e adultos.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/01/2023 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia



A Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal convocan a sexta edición do seu concurso de microrrelatos co que se repartirán nove premios entre concursantes das categorías de infantil, xuvenil e adultos.

Os relatos poderán presentarse entre o 1 e o 28 de febreiro a través da páxina web relatos.gal, segundo informaron os representantes de ambas as entidades. "Unha lingua do século XXI necesariamente convida a crear e comunicar nas formas do século XXI, explorando toda a súa potencialidade e as súas posibilidades", expuxo na presentación o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.

O tamén académico e presidente de PuntoGal, Manuel González González, explicou que o concurso é "un punto de encontro no que participan escritores consagrados, pero tamén un grandísimo número de afeccionados e un lugar de encontro das distintas xeracións".

Os presidentes da RAG e de PuntoGal, Víctor F Freixanes e Manuel González, presentan un concurso de microrrelatos. RAG
Os presidentes da RAG e de PuntoGal, Víctor F Freixanes e Manuel González, presentan un concurso de microrrelatos. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta