Un sector primario galego baseado na viabilidade ambiental é posible, segundo demostra unha investigación da USC

Este traballo correu a cargo do investigador Antonio J. Cortés no Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2023 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

Unha investigación realizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) demostrou a viabilidade ambiental de diferentes estratexias de economía circular no sector primario galego. Este traballo correu a cargo do investigador Antonio J. Cortés no Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais.

De forma detallada, a análise centrouse na detección dos retos que deben afrontar os sectores primarios estratéxicos, é dicir, a agricultura, gandaría e pesca, no seu camiño cara á sustentabilidade.

Nesta liña, o investigador explicou que o sector primario "é un dos principais sectores industriais en termos de consumo de materiais e enerxía e de emisións de gases de efecto invernadoiro". Así, relatou que é "un contribuínte moi importante ao cambio climático, pero ao mesmo tempo, está seriamente afectado por el".

O traballo, desenvolvido baixo a dirección dos profesores Gumersindo Feijoo Costa e María Teresa Moreira Vilar, baseouse na metodoloxía de Análise do Ciclo de Vida. Este método está aceptado internacionalmente para o cálculo dos impactos ambientais de produtos e procesos.

Esta investigación, froito da tese doutoral de Cortés, contou con financiamento de dous proxectos da Unión Europea: o proxecto Starprobio e o Neptunus, financiados polo programa Horizonte 2020 e o Interreg Espazo Atlántico, respectivamente.

O investigador Antonio J. Cortés no Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais
O investigador Antonio J. Cortés no Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais | Fonte: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta