Fernández del Riego, protagonista do inicio do ano nas librarías galegas

Dous libros de Xerais e Galaxia abordan ao homenaxeado no Día das Letras de 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2023 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

Esta semana chegará ás librarías galegas dous libros sobre Francisco Fernández del Riego, protagonista en 2023 do Día das Letras Galegas.

Francisco Fernández del Riego
Francisco Fernández del Riego | Fonte: EDITORIAL GALAXIA

"Francisco Fernández del Riego, Vida e obra dun obreiro do galeguismo", de Ramón Nicolás e editada por Xerais, a maior editorial galega, é unha biografía divulgativa sobre homenaxeado no Día das Letra. Trátase dun libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX

Tamén a profesora Malores Villanueva repasa a traxectoria persoal, literaria e política de 'Don Paco', un polifacético autor "nacionalista de corazón e de razón" fiel aos seus ideais que se autodefinía como "un optimista radical". A biografía 'Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia' está editada por Galaxia e será presentada este martes na libraría Cartabón de Vigo coa presencia de  Antón Vidal Andión, presidente de Editorial

Galaxia, e Francisco Domínguez, membro da Fundación Penzol, e a ausencia do director xeral desta editorial, Francisco Castro, críticado nos últimos tempos por boa parte do panorama cultural galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta