Vigo, Santiago e A Coruña, os puntos máis chuviosos de España

A metade oeste de Galicia rexistrou na penultima semana do ano precipitacións por encima dos 100 litros por metro cadrado.

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 30/12/2022 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Vigo, Santiago e A Coruña foron os puntos de todo o Estado con máis precipitacións durante a penúltima semana do ano, no que a metade oeste de Galicia rexistrou choivas por encima dos 100 litros por metro cadrado.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, as cantidades máis destacadas que mesmo superaron os 100 litros por metro cadrado contabilizáronse na metade oeste de Galicia, onde se alcanzaron puntualmente os 150 litros por metro cadrado nas provincias da Coruña e Pontevedra.

En concreto, a AEMET destaca as cantidades recollidas en Vigo-Peinador, con 146 litros por metro cadrado; 131 litros por metro cadrado en Santiago de Compostela-Lavacolla; 103 litros por metro cadrado en Pontevedra; 100 litros por metro cadrado na Coruña; 57 litros por metro cadrado en Lugo-Rozas e 33 litros por metro cadrado no aeroporto de Palma.

As choivas acumuladas no conxunto de España desde que comezou o ano hidrolóxico, o 1 de outubro, ata o 27 de decembro chegaron a 226 litros por metro cadrado, o que representa un 1 por cento por encima do normal, que son 224 litros por metro cadrado, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Vista da entrada do Estadio de Balaídos alagada tras unha noite de intensas choivas, a 20 de decembro de 2022
Vista da entrada do Estadio de Balaídos alagada tras unha noite de intensas choivas, a 20 de decembro de 2022 | Fonte: Javier Vázquez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta