A única pasaxeira sobrevivinte do accidente do autobús declara ante a Garda Civil a pesar de seguir ingresada

O equipo de investigadores continúa coa inspección dos restos do autobús sinistrado.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/12/2022 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A pasaxeira sobrevivente do accidente de autobús ocorrido en Noiteboa en Cerdedo-Cotobade cotinúa ingresada no hospital, pero xa prestou declaración ante os axentes da Garda Civil que investigan o suceso.

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas, que apuntan a que os axentes xa se desprazaron ata o centro hospitalario para tomarlle declaración á muller, que se atopa ingresada a planta.

A ferida, que pasou dous días na UCI do hospital Montecelo de Pontevedra, onde foi trasladada tras o accidente, foi derivada este martes á área sanitaria de Vigo, onde pertence. Fontes sanitarias apuntaron que aínda permanece ingresada en planta.

En canto á súa declaración, que será incorporada ao informe que a Garda Civil remitirá ao xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, non transcenderon os detalles que a muller contou aos axentes sobre o sucedido esa Noiteboa.

Un guindastre coloca o autobús accidentado sobre a ponte para sacalo da canle do río Lérez.. Gustavo da Paz - Europa Press
Un guindastre coloca o autobús accidentado sobre a ponte para sacalo da canle do río Lérez.. Gustavo da Paz - Europa Press | Fonte: Europa Press

CONDUCTOR

TAmén o condutor do autobús accidentado en Cerdedo-Cotobade en Noiteboa tiña previsto declar na comandancia da Garda Civil de Pontevedra dentro das dilixencias que se executan para tratar de esclarecer o suceso.

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que trata de determinar que motivou o suceso que o pasado sábado cobrou a vida de sete persoas e deixou outras dúas feridas. Dentro do atestado que elabora a Garda Civil, un punto importante será a declaración dos dous sobreviventes: unha pasaxeira e o condutor do vehículo, que será o primeiro en comparecer ante os axentes.

Ademais, dentro deste atestado tamén se incluirán os datos derivados da análise do vehículo. O equipo de investigadores continúa a mañá deste xoves coa inspección dos restos do autobús sinistrado, que permanece custodiado nas instalacións de Monbus en cocheiras de Pontevedra, na parroquia de Lourizán. Fontes do equipo da Garda Civil comentaron a Europa Press que aproveitarán tamén para realizar fotografías dalgún vehículo similar para poder facer unha comparativa.

Finalmente, no documento que se entregará ao xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra tamén pesará a reconstrución do accidente, que este mércores fixeron no mesmo lugar do sinistro axentes expertos chegados de Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta