Dous traballadores feridos en Vilamartín de Valdeorras e Viana do Bolo ao caerlles encima unha pedra e un tubo

Os feitos producíronse ás 14 e ás 16:15 respectivamente

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2022 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Dous operarios tiveron que ser evacuados a un hospital este xoves polo helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 despois de caerlle encima dous obxectos cando se atopaban traballando en Vilamartín de Valdeorras e Viana do Bolo, respectivamente.

O primeiro dos accidentes tivo lugar ás 14,00 horas nunha nave situadas no punto kilómetrico 460 da N-120 á altura da parroquia de Arcos, segundo informou o CIAE 112 Galicia. O traballador resultou atrapado por unha perna baixo unha pedra dunha tonelada. Con todo, os bombeiros que acudiron ao lugar non tiveron que liberar ao ferido, que se atopaba accesible. Ata o lugar mobilizouse o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias 061 para evacuar ao operario a un centro hospitalario.

Tamén foi necesaria a intervención da aeronave do 061 noutro sinistro laboral ocorrido na mina de Penouta, en Viana do Bolo, onde un traballador resultou ferido de consideración ao caerlle un tubo encima.

Os feitos producíronse ás 16,15 horas deste xoves. Ata a zona mobilizáronse, ademais do helicóptero que trasladou ao ferido a un hospital, os bombeiros de San Cibrao das Viñas, o GES da Veiga e axentes da Garda Civil.

Helicóptero medicalizado. JCYL - Archivo
Helicóptero medicalizado. JCYL - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta