É Pablo Motos, presentador de 'El Hormiguero', machista?

Os seus defensores escúdanse en que os comentarios que ao longo dos anos fixo no seu programa formaban parte do humor, humor sexista, algo que non deixa de ser outra forma encuberta de violencia de xénero

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 29/11/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Tras a lei do 'só si é si', e con moita tea que cortar aínda sobre o asunto, as polémicas arredor do Ministerio de Igualdade non paran de acaparar portadas, non só en xornais, senón tamén (fundamentalmente) nas redes sociais. A última parte da campaña de '¿Entonces quién?', lanzada o pasado 25N, Día Mundial contra a Violencia Machista, por parte do Goberno de España, e que incluía un spot no que se retrataban diversos episodios de mulleres que se sentían incómodas ante preguntas dos homes.

Pablo Motos agarra o traseiro de Mónica Naranjo
Pablo Motos agarra o traseiro de Mónica Naranjo | Fonte: Antena 3

A máis soada, sen dúbida, polo rebumbio que trouxo consigo, foi aquela que soltaba un presentador de televisión a unha invitada: 'Falando de vestuario, ti cando durmes... Usas roupa interior sexy ou cómoda?'; ao que a invitada xírase cara a cámara, como dirixíndose ao espectador e afirma: 'Se fose un tío non me tería feito esta pregunta'. Tres, dous, un... Eses foron os minutos que tardou Pablo Motos, presentador do programa de Antena 3 'El Hormiguero' en darse por aludido.

Os feitos remontaríanse ao ano 2016, cando a actriz española Elsa Pataky acudira ao late night a presentar unha nova colección de roupa íntima de Intimissimi. Nese momento Pablo Motos fíxolle esa pregunta, aínda que xustificou que foi en tono de risa e que ela en ningún momento se notou incómoda. Sen embargo, máis aló deste feito, hai máis comentarios dentro da conversación que si amosan un tinte machista, como 'non é unha pregunta íntima, é periodística, os tíos temos tres tipos de calzóns: os de ir traballar, os de ir a pillar e os de goma solta para durmir'.

Claramente non se centra igual nunha característica que ata pode resultar xocosa sobre un home que na importancia que lle da ao 'sexy', a connotación sexual, ao referirse a Elsa Pataky. Tamén como unha forma de xustificación o presentador asegura que fixo preguntas similares a outros convidados homes, como a Sergio Dalma ('Durmes en camisón?'), a Maluma ('Pixama ou calzóns?) ou a Miguel Ángel Silvestre ('Calzóns subidos, un tanga, un pixama de felpa con nubes e osiños...'). 

Unha vez máis, vese que cando as preguntas llas fai aos homes, aínda que poidan ter as mesmas palabras na súa estrutura, amosan unha linguaxe xestual e indirecta totalmente diferente: nun caso máis xocosa e noutro máis sexual. Con todo, Pablo Motos critica que "o Ministerio de Igualdade gastouse máis dun millón de euros de diñeiro público en facer unha campaña de televisión para chamarme machista e facerme un anuncio na tele, diñeiro dos españois estando o país como está, é indecente".

Pablo Motos bicando a Marta Sánchez
Pablo Motos bicando a Marta Sánchez | Fonte: Antena 3

E na defensa da súa causa non estivo, nin moito menos, só, pois ás súas queixas sumáronse compañeiros de profesión 'da casa', de Antena 3. Persoas tan influíntes como as presentadoras de informativos Nuria Roca ou Cristina Pardo, que aseguraron estar "escandalizada por este tipo de publicidade dende o Ministerio de Igualdade" e lamentaron que "a política se esté convertindo en política de redes sociais, de linchamento, de sinalamento...", respectivamente.

OUTROS EPISODIOS AMOSAN INTENCIÓNS CLARAS E CONTUNDENTES

Con todo, hoxe en día nada se esquece dentro das redes sociais, porque Internet ten memoria, e vaia se a ten. Os usuarios de Twitter encargáronse de recordarlle a Pablo Motos que non só se pasou de ton con Elsa Pataky, senón que houbo moitas outras situacións: o episodio con Charlize Theron, o bico a Paulina Rubio, un xogo con Alessandra Ambrosio, comentarios sobre os traseiros de Beyoncé e Jennifer López, unha petición para que Pilar Rubio (colaboradora do programa) amosase os peitos ou comentarios desafortunados sobre o caso de Mónica Carrillo.

Aínda que ninguna delas se pronunciou polo momento, sí o fixo Virginia Maestro, gañadora de Operación Triunfo no ano 2008, asegurando que ela si se sentiu violentada cando visitou 'El Hormiguero' cando Pablo Motos lle dixo: "Onde compraches ese vestido tan extraño? Non sei se é mellor que te tapes ou que o deixes, porque estou tentando mirarche aos ollos e mira que tes dous", en referencia aos seus peitos.  

Tamén na visita da cantante Miley Cyrus, sendo aínda menor de idade, lle recalcaba que estaba moito máis grande e máis sexy un ano despois da súa anterior visita. Á cantante Selena Gómez dicíalle que era como unha maga de Harry Potter sexy. Á presentadora Ana Simón, que se lle desabrochou un botón da camisa en directo: "Veñen como veñen..." (e puxo varias veces o vídeo de repetición). E así un tras outro, tras outro... Algúns falan de humor sexista, mais, acaso non é iso tamén unha forma encuberta de violencia de xénero? A pregunta queda no aire. 

Pablo Motos bicando a Alessandra Ambrosio
Pablo Motos bicando a Alessandra Ambrosio | Fonte: Antena 3
Pablo Motos bicando a Paulina Rubio
Pablo Motos bicando a Paulina Rubio | Fonte: Antena 3
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta