O Sergas forma a enfermeiros para saber como actuar cando non haxa médicos de garda

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 14/11/2022 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

A área sanitaria Pontevedra-O Salnés comezará esta semana a formar ao persoal de enfermería dos Puntos de Atención Continuada (PAC) para que sepa cómo actuar cando non haxa médicos de garda.

Dous enfermeiros realizando as súas labores.
Dous enfermeiros realizando as súas labores. | Fonte: Satse

 

Segundo informou este luns o xerente da área sanitaria, José Flores, será un curso práctico impartido pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 para o personal de enfermería, para aqueles casos nos que se atopen sen acompañamento médico ante unha urxencia. Ademais, elaborarase un protocolo que ordene o seu traballo, para que teñan seguridade laboral e respaldo legal.

 

A formación está dirixida tanto para os titulares das prazas de enfermería nos PAC, como para os que están en lista de substitución ou aqueles que prestan a súa colaboración de maneira voluntaria. "Será un curso moi activo e meramente práctico", detallou o xerente.

 

Flores Arias asegurou que, con esta formación, non se busca "substituir médicos por enfermeiros", senón que estes últimos poidan tomar decisións tanto nos casos urxentes como nas consultas máis leves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 María

Después pueden “formar” celadores para que sustituyan a los enfermeros y personal de limpieza para sustituir a los celadores… gran idea!!!