Por Galicia Confidencial | Viveiro | 27/10/2022 | Actualizada ás 21:40
A familia Bertrand partiu da Bretaña este verán a bordo do Merzadenn. Dous adultos e tres nenos --a máis pequena de dous anos-- que non esquecerán a viaxe a Galicia. O pasado 18 de outubro, cando se dirixían ás Canarias, tiveron un susto cun grupo de candorcas que acabou co temón da embarcación partida en dous.
Despois de saír de Viveiro en dirección á Coruña, a tres millas de Cabo Ortegal unha manda de catro candorcas, dúas novas e dúas adultas, interactuou coa embarcación. "Viñeron practicamente directamente sobre o temón e racharono en dous", lembra o patrón.
Debido ás arremetidas das candorcas o veleiro tivo que ser auxiliado por unha embarcación de Salvamento Marítimo que o trasladou de novo á dársena de Viveiro para reparalo.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- A tormenta perfecta para a proliferación das moscas: cambio climático, aumento da superficie agraria e e esterco espallado
- Abren expediente sancionador á empresa da mina de Touro por unha vertedura aon río Brandelos
- A XIV edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz abre as súas portas
- Máis de cen concellos galegos rexistran 500 zonas de baño
- O PP oponse en pleno a rexeitar o proxecto de Altri
- A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa denuncia a vertedura de augas fecais polas obras da EDAR de Tragove