Luz Poética, un festival de poesía moza en homenaxe a unha poeta vella

No evento daranse a coñecer voces da nova poesía galega como Andrea Nunes e Lúa Mosquetera, entre outras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/10/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Compostela acolle do 17 ao 22 de outubro de 2022 o primeiro Festival de poesía moza de Compostela, Luz Poética. O encontro está organizado polo Concello de Santiago e coordinado pola xestora Hoku Cultural e ten como epicentro á poeta compostelá Luz Fandiño, unha veterana poeta de máis de 91 anos."A súa historia, o seu compromiso social e a súa visión da vida son inspiración para toda unha xeración de mozas e mozos de Galicia", afirma Diego Horschovski, un dos organizadores.

Luz Fandiño
Luz Fandiño | Fonte: UI

O encontro, que terá lugar na capital galega, contará con obradoiros, roteiros, proxeccións e recitais, onde se darán a coñecer voces da nova poesía galega como Andrea Nunes e Lúa Mosquetera, entre outras.

Ademais, o festival inclúe a Gran Final de Poetry Slam estatal, un evento que reúne as campioas de todas as sedes do circuíto oficial do Slam España. En total, unhas trinta poetas participarán polo posto maior, o de campioa estatal. Durante as xornadas do slam, dentro das seis que dura o festival, Santiago será a capital da poesía nova no territorio español.

Os espazos escollidos para estas actividades son sitios emblemáticos da cidade de Compostela como a Igrexa da USC da praza de Mazarelos, o Centro Sociocultural Xove da Almáciga, o Teatro Principal, as recoñecidas librarías Couceiro e Lila de Lilith, ademais de contar con establecementos vencellados ao mundo da cultura como o Pub Modus Vivendi, o Riquela Club e A Medusa Bar. Así mesmo, a Fundación Uxío Novoneyra e a Editorial Apiario tamén son parte das entidades colaborativas do festival.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta